Esquelas por localidad

Esquelas por fecha

mayo 2024
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

D. José Victoriano Llerena Ferro

O SEÑORD. José Victoriano Llerena Ferro

(Pintor e muralista cesureño, mestre de artistas, ceramista da Celta, e xefe decorador do Castro de Samoedo por máis de 40 anos)
“Foi un pai e marido exemplar e un home realizado e feliz polo que lle deu a súa vida centenaria, aquela que perdeu sen querer perdela, e que lle quereríamos alongar. Hoxe lle choran pola ría de Sada e polas ribeiras do Ulla, chórano as sereas do río e as mulleres todas que pintou e aquelas que abeirou, como tamén lle choramos, desconsolados, os familiares e amigos, mentres o gran Llerena, o noso mestre creativo,vai camiño de Santiago, soíño, na súa postremeira peregrinación”
Finou o día de onte, aos 95 anos de idade, despois de recibir os Santos Sacramentos

— D. E. P. —

A súa esposa, Enriqueta López Abruñedo; fillos, María Isabel, Antón Xosé, Cristina e Enrique; fillos políticos, Alfonso Vázquez e Esther Roca; netos, Sabela, Sandra, Javier, Candela e Selene; sobriños, curmáns e demais familia.
Pregan unha oración polo eterno descanso da súa ánima.
Misa de ánima: Hoxe venres, día 17, ás ONCE E MEDIA da mañá, na capela do tanatorio.
Funeral: Hoxe, ás CINCO da tarde, na igrexa parroquial de Sada D’Arriba.
Enterro: A continuación, no cemiterio municipal de Sada.
A saída do fogar funerario efectuarase ás cinco menos dez da tarde.
Tanatorio Apóstol: Fogar funerario nº 2. Tarabelo, 58 – Sada (A Coruña).
Pésames: [email protected]

Sada, 17 de marzo de 2023

(www.funerariaapostol.es – Tel. 981 621992)

JUAN  PEÑAGARIKANO  ESNAL
Esta web usa cookies. P. Privacidad.    Ver
Privacidad